IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Visita de Claudia Couto

O pasado venres 16 de Febreiro estivo de visita no IES Frei Martín Sarmiento, a campiona do Mundo C1 200 Sub-23, Claudia Couto, ex alumna deste centro. Falou co alumnado de 1º e 2º de ESO sobre a súa experiencia no deporte de alto rendemento así como da importancia da constancia e vontade para acadar os obxectivos tanto no deporte como na vida. Tamén falou da importancia do benestar da saúde mental e da saúde física.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email