IES FREI MARTÍN SARMIENTO

O CAB con 3º de ESO

O mércores 20 e o xoves 21 o alumnado de terceiro ESO do Frei recibiu unhas sesións impartidas polos adestradores do CAB, club que adestra nas nosas instalacións. Foi unha ampliación dos contidos que se estaban a levar a cabo nas clases de Educación Física, con exercicios moi motivantes nos que se traballaron aspectos básicos coma o bote, o pase e o tiro e remarcando a esencia do baloncesto coma deporte de equipo.
No noso centro contamos con numeroso alumnado que adestra nos distintos equipos que este club ten. E sempre é unha boa oportunidade para descubrir unha nova actividade que practicar no tempo de lecer.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email