Rizando o rizo

Este sábado 18 o alumnado de 2° de CM de Peiteado e estilismo masculino participará no evento “A pé de rúa: Rizando o rizo”, nas Galerías da Oliva. O evento pretende impulsar o sector da barbería, o peiteado e a cosmética e outros servizos vinculados á imaxe persoal.
A ESO en Edugal

O alumnado de 1° e 2° de PDC non quixo perder a ocasión de visitar este venres Edugal nunha mañá chea de interesantes experiencias para a súa futura formación.
Visita Edugal FP

O alumnado de FP Básica de Fabricación e Montaxe, CM de Mecanizado e Peiteado e Cosmética Capilar visitou a EDUGAL en Pontevedra, o salón da oferta educativa e formativa de Galicia: ciclos formativos de FP, graos universitarios, cursos de especialización.. Una xornada moi interesante para descubrir camiños e construír o seu futuro académico e profesional!
Torneo de Brilé

Este martes foi o primeiro partido do Torneo de brilé organizado por un grupo de alumnos e alumnas de Primeiro de Bacharelato con moita iniciativa. Animádevos a competir para convivir nos recreos dos martes!
Recital poético multilingüe

O alumnado de 2º de Bacharelato de Latín e Artes Escénicas asistiu o pasado venres a un recital poético multilingüe no que participaron as e os poetas internacionais que formaron parte do obradoiro de tradución poética Con barqueira e remador. Voces en canarés, esloveno, ucraíno, irlandés, aragonés e, por suposto, galego que se citaron na […]
Rumbo a Normandía

Tres futuros TCAE inician as súas prácticas en Alenzon. Proxecto 2025-1-ES01-KA121-VET-000326006 A aventura xa está en marcha. Desde o 29 de setembro ata o 19 de decembro, tres alumnos do ciclo medio de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería vivirán unha experiencia única: realizar o seu FCT (Formación en Centros de Traballo) en Alenzon, Normandía. […]
Visita a PONTESAN

Visita a Pontesan do alumnado de CS Laboratorio para asistir á charla inaugural “Xenética dos trastornos mentais” do Dr. Ángel Carracedo, catedrático de medicina legal e director de Xenómica de Santiago de Compostela.
ERASMUS 360° – Learning through mobility

Take part in days of discovery, exchange, and celebration.Students, teachers, families, and the community are warmly invited to experience the richness of Erasmus+. ✔ Inspiring presentations from students and teachers about Erasmus+ journeys.✔ Cultural exhibitions and stands representing Europe’s diversity through Erasmus.✔ Screenings, photo galleries, and creative displays of the projects.✔ Interactive games and activities. […]
32ª Bienal de Pontevedra

A pasada semana o alumnado de 1° e 2° de Bacharelato de Artes Plásticas xunto coas profesoras do Departamento Belén, Andrea e Tatiana disfrutaron da visita guiada á 32ª edición da Bienal de Pontevedra. Baixo o lema ” Volver a ser humanos. Ante a dor dos demais” as obras que alí se presentan tratan de […]
Visita Pont-Up Store 2025

O alumnado de 2º dos ciclos de FP do IES Frei Martín Sarmiento gozou dunha xornada chea de inspiración na @pontupstore de Pontevedra. Nesta nova edición da feira de emprendemento da nosa cidade tivemos a oportunidade de conversar con persoas emprendedoras, coñecer proxectos innovadores e encher as nosas mochilas de ideas e aprendizaxes para o […]