Celebramos os #ErasmusDays no noso centro!

Este ano desenvolvemos a actividade“Erasmus 360º”, un proxecto multidisciplinar no que profesorado de FP, Secundaria e Bacharelato rendiron homenaxe a Erasmo de Róterdam.Cada departamento achegou a súa visión e creatividade, culminando nunha exposición final que recolle todo o traballo realizado. 💡🌍 Grazas a toda a comunidade educativa por facelo posible! 💙 #ErasmusDays #ErasmusPlus #Erasmus360 #Educación  

Visita a Inditex en Arteixo

O pasado mércores 22 tivemos o privilexio de visitar as instalacións de Inditex en Arteixo, onde puidemos descubrir de primeira man como funciona o seu modelo de negocio integrado: dende o aprovisionamento ata as tendas piloto, pasando polos departamentos de product managers, deseño, patronaxe, costura, vendas en liña, informática, recursos humanos e mesmo o estudio fotográfico […]

Rolda de prensa Roteiro Castelao

Unha representación do equipo do EDL asistiu á rolda de prensa de presentación do roteiro intercentros de Castelao.Falaron para os medios sobre a figura de Castelao e a súa vida na vila, así coma a importancia deste tipo de actividades, que achegan á rapaza unha figura tan importante.

VISITA DO BARBEIRO MANUEL GONZÁLEZ

O alumnado de 2º curso do ciclo de Peiteado e Cosmética capilar recibiu unha visita moi especial. Manuel González, exalumno do noso centro, convertido hoxe en emprendedor ao fronte da súa barbería en Arcade (Emege Barber Studio) compartiu connosco a súa traxectoria, chea de ilusión, esforzo e paixón polo oficio. 💈✂️  Grazas, Manuel, por volver ás aulas […]

El equipo Erasmus + continúa abriendo puertas por Europa

La semana del 13 al 17 de octubre los docentes, Sabela Souto y Óscar García, estuvieron en el centro de Formación Profesional Angereds Gymnasiet en Gotemburgo a través del proyecto Erasmus 2024-1-ES01-KA121-VET-000213650. Durante su estancia se estableció un acuerdo de colaboración entre ambas escuelas, como resultado del mismo se llevarán a cabo movilidades de alumnado […]

Saída á lonxa de Campelo

O alumnado de 2° ESO realizou unha saída para coñecer un pouco máis de preto o mundo do marisqueo.Baixaron á praia para ver como sacaban a ameixa e, os máis preparados, puideron meterse de cheo.Andrés, o biólogo da lonxa de Campelo, deu unha charla moi interesante na que aprenderon sobre a importancia das correntes, a […]

Rizando o Rizo

O pasado sábado Vera, Ainara, Laila, Roberto, Dani, Abel, Jorge de 2º de Peiteado e Cosmética capilar participaron nunha nova edición do encontro Rizando Rizo que organizou o concello de Pontevedra nas Galerias da Oliva. Coa axuda e supervisión da profesora Patricia Diz, ofreceron servizos de peiteado, esmaltado de uñas e corte masculino con grande […]

Baile galego 1º ESO

O alumnado de 1º da ESO gozou dunha divertidísima sesión de baile galego impartida por Artur Puga. Entre “patadas”, “pisadas de formiga” e mesmo algún “paso de discoteca”, aprenderon a deixar fluír o ritmo da música e a moverse con certa graza😜. A actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística, a través dunha das […]

TCAE. Alumnas que ensinan

O pasado oves tivemos unha visita moi especial no IES Frei Martín Sarmiento. As nosas alumnas de 2º do ciclo medio de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría viñeron ao centro para compartir co grupo de 1º TCAE A os seus coñecementos sobre mobilizacións de pacientes. Como están a realizar as súas prácticas en distintos […]