IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Recital poético multilingüe

O alumnado de 2º de Bacharelato de Latín e Artes Escénicas asistiu o pasado venres a un recital poético multilingüe no que participaron as e os poetas internacionais que formaron parte do obradoiro de tradución poética Con barqueira e remador. Voces en canarés, esloveno, ucraíno, irlandés, aragonés e, por suposto, galego que se citaron na illa de San Simón para se traduciren e levarnos un recital tan fermoso como este. Voltamos ao instituto impresionadas e impresionados .

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email