Torneo de Brilé

Este martes foi o primeiro partido do Torneo de brilé organizado por un grupo de alumnos e alumnas de Primeiro de Bacharelato con moita iniciativa. Animádevos a competir para convivir nos recreos dos martes!

Recital poético multilingüe

O alumnado de 2º de Bacharelato de Latín e Artes Escénicas asistiu o pasado venres a un recital poético multilingüe no que participaron as e os poetas internacionais que formaron parte do obradoiro de tradución poética Con barqueira e remador. Voces en canarés, esloveno, ucraíno, irlandés, aragonés e, por suposto, galego que se citaron na […]