Tres futuros TCAE inician as súas prácticas en Alenzon. Proxecto 2025-1-ES01-KA121-VET-000326006
A aventura xa está en marcha. Desde o 29 de setembro ata o 19 de decembro, tres alumnos do ciclo medio de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería vivirán unha experiencia única: realizar o seu FCT (Formación en Centros de Traballo) en Alenzon, Normandía.
Durante 83 días, mergullaranse na práctica real do coidado, desenvolvendo o seu labor en diferentes residencias de anciáns da rexión. Cada alumno pasará por dous centros distintos, o que lles permitirá coñecer diversas formas de organización, dinámicas de traballo e maneiras de atender ás persoas maiores. Esta rotación ofreceralles unha visión máis ampla e enriquecedora do sector sociosanitario.
Os protagonistas desta experiencia son Layne Gomis Domínguez, Alba Padín Gondar e Ana Cecilia Suárez Lopes, tres estudantes que se embarcan nesta aventura con ilusión, compromiso e moitas ganas de aprender. Foto1 Desde o centro queremos desexarlles moita sorte e lembrarlles que estamos seguros de que será unha experiencia incrible para eles. Estamos desexando que volvan para que nos conten todos os detalles e anécdotas desta etapa tan especial!
Ademais de afianzar as súas competencias profesionais, esta estancia internacional será unha experiencia vital: convivir con outra cultura, aprender a adaptarse a novas contornas e descubrir que a vocación de coidar non entende de fronteiras.
Estamos convencidos de que regresarán con novos coñecementos, experiencias inesquecibles e unha motivación renovada para seguir crecendo como profesionais da saúde.

