Intercambio xuvenil Erasmus+ Personal Agency: “Mood on!”

32 xóvenes de varios países de Europa (Lituania, Italia, Grecia, Turquía e España) visitaron o luns 16 de outubro o Instituto Frei Martin Sarmiento e levaron a cabo unha actividade para fomentar a cidadanía activa cos alumnos de 1 Bacharelato. Traballaron en equipos para reflexionar sobre posibles áreas de mellora na nosa vila e como […]

Día de Concienciación ante a Parada Cardíaca

O luns 16 conmemorouse o Día de Concienciación ante a Parada Cardíaca. Este ano elixiuse como divisa “Todos os cidadáns do mundo poden salvar unha vida”.Baixo esta consigna o alumnado de secundaria do IES Frei Martín Sarmiento participou nun taller impartido pola ASGATE (A asociación de técnicos en emerxencias sanitarias).

PontUp Store Pontevedra

O venres 29 de setembro o alumnado de 2º curso de FP do Ies Frei Martín Sarmiento dos ciclos medios de estética e Peiteado visitou a Feira de emprendemento PontUp Store de Pontevedra, acompañados polas profesoras de Empresa e iniciativa emprendedora e de Marketing. Logo de coñecer o apoio que a Fundación Ronsel brinda ás […]

Probas libres ESO

As probas libres de ESO que se celebrarán o día 1 de setembro comenzarán ás 9:30. Os aspirantes deberán presentarse no centro ás 9:00 horas. Pola mañá as probas rematarán ás 13:15. Pola tarde horario será de 16:00 a 19:00 horas.

Fin de Curso 2022/2023 e Matrícula Curso 2023/2024

O curso 2022/2023 finaliza o día 21 de xuño de 2023 para todo o alumnado do IES Frei Martín Sarmiento. A partir do día 23 entregaranse as cualificacións ao alumnado segundo figura no “Calendario fin de curso 2022/2023”. As cualificacións tamén poderán ser consultadas a través da app abalarmobil. Calendario fin de curso 2022/2023 Entrega […]

Entrega premios Torneo de xadrez Letras Galegas

O xoves 1 de xuño entregáronselles na biblioteca do centro os premios aos tres mellores clasificados no Torneo de xadrez das Letras Galegas. O mellor foi o ben que o pasaron… e todo organizado polo alumnado! Parabéns rapaces!

Asociación de Familias de Menores Trans

Hai uns días visitou o IES Frei Martín Sarmiento Cristina Palacios de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans. Ao longo de tres sesión polas que pasaron alumnado da ESO, Bacharelato e FP Básica escoitaron con atención e entusiasmo a charla que levaba por título “Diversidade afectivo-sexual, igualdade de oportunidades e contra a LGTBIfobia”. Ao […]

Gustaríache facer teatro?

Gustaríache facer teatro? A ANPA do IES Frei Martín Sarmiento ofréceche a oportunidade de participar nunha actividade extraescolar de Artes Escénicas no que aprenderás e te divertirás moitísimo. A partir do 1 de marzo, todas as tardes dos mércores, de 17:30 a 19:30h. Anímate! ?

Charlas

Recordamos con estas fotos as sucesivas charlas que se viñeron celebrando no IES durante este segundo trimestre do curso. Profesorado da Universidade de Santiago, a través do programa “A Ponte”, así como da Universidade de Vigo, achegouse a falar de temas de moitísimo interese para o noso alumnado. Queremos agradecer a Francisco Salgado, Francisco Omil, […]

Acción Formativa Desempregados

O IES Frei Martín Sarmiento vai desenvolver, entre o 6 de marzo e o 9 de Agosto, unha Acción Formativa (AFD) gratuíta enfocada principalmente a desempregados inscritos na oficina de emprego cun nivel mínimo da ESO, e que dará acceso a obtención dun certificado de profesionalidade de nivel 2, con formación teórico-práctica nas aulas e […]