O venres 29 de setembro o alumnado de 2º curso de FP do Ies Frei Martín Sarmiento dos ciclos medios de estética e Peiteado visitou a Feira de emprendemento PontUp Store de Pontevedra, acompañados polas profesoras de Empresa e iniciativa emprendedora e de Marketing.
Logo de coñecer o apoio que a Fundación Ronsel brinda ás persoas que deciden emprender unha viaxe empresarial, o alumnado participou en diferentes dinámicas emprendedoras dirixidas por Rafa, María, Estela e todo o fantástico equipo da Fundación Ronsel. Grazas por recibirnos con tanto cariño e entusiasmo e deixarnos participar con vós.
O alumnado tivo a oportunidade de achegarse a cada stand da feira para extraer información sobre as novas tendencias do mercado e coñecer ás persoas que están detrás destes magníficos proxectos. Sen dúbida o natural, ecolóxico, sostenible, renovable, reciclado… ven pisando mais forte que nunca!
Foi unha xornada moi proveitosa para o alumnado que rematou cun aplauso para a nosa alumna Noela Muñoz, autora da imaxe da Aula de Emprendemento do noso centro.
Parabéns Noela polo teu esforzo e creatividade❤️❤️