IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Fin de Curso 2022/2023 e Matrícula Curso 2023/2024

O curso 2022/2023 finaliza o día 21 de xuño de 2023 para todo o alumnado do IES Frei Martín Sarmiento.

A partir do día 23 entregaranse as cualificacións ao alumnado segundo figura no “Calendario fin de curso 2022/2023”. As cualificacións tamén poderán ser consultadas a través da app abalarmobil.

Calendario fin de curso 2022/2023

Entrega de libros ESO e de equipos E-Dixgal (4º ESO)

O alumnado entregará os libros de texto do fondo libros o mesmo día de recollida de cualificacións.

O alumnado de 4º ESO entregará os equipos E-Dixgal o luns 26 de xuño segundo se indica nas seguintes Instrucións devolución equipamento E-Dixgal

Matrícula Curso 2023/2024

O alumnado de ESO e Bacharelato realizará a súa matrícula nos seguintes días:

Luns 26 xuño: 2º bacharelato.

Martes 27 xuño: 1º bacharelato.

Mércores 28 xuño: 4º ESO.

Xoves 29 de xuño: 3º ESO.

Venres 30 de xuño: 1º e 2º ESO.

Formación profesional:

– FP Básica (1º curso): do 26 de xuño ao 6 de xullo, serán os centros de orixe os responsables da carga da información na aplicación correspondente.

– Primeiro curso de réxime ordinario e réxime de persoas adultas: presentación de solicitudes de admisión, do 23 de xuño ao 5 de xullo, de forma telemática a través da web www.edu.xunta.gal/fp

– Formación profesional (segundo curso): directamente no centro, entre o 3 e o 5 de xullo (ata as 13h)

O sobre para a matrícula entregarase ao alumnado xunto coas cualificacións nas datas sinaladas no calendario anterior.

Documentación necesaria para a matrícula Curso 2023/2024

Prazos de admisión e matrícula para FP Básica

Prazos de admisión e matrícula para FP ordinaria e adultos

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email