Primeira Xornada de Formación do Club de Debate

Hoxe comenzou a súa formación con gran estusiasmo a súa andaina o Club de Debate do IES Frei Martín Sarmiento, sen dúbida coa calidade que mostraron, chegaremos á final do 13 de abril.

Probas de acceso a Ciclo Medio e Superior

Xa está publicada a convocatoria das probas de acceso a ciclo medio e superior. PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio. Para poder concorrer á proba é necesario […]

Macrodatos (big data) en economía

Hoxe, Isabel Neira, da Facultade de Economía e Empresariais da USC, estivo co alumnado do bacharelato de humanidades e ciencias sociais explicando a importancia dos datos na economía e da súa importancia na sociedade actual. O realmente relevante dos macrodatos é o que as organizacións fan con eles. Como se tratan os datos hoxe en […]

PICASSO PROTAGONISTA

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes acudiu á exposición “Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo” no Café Moderno Afundación de Pontevedra, visita na que puideron desfrutar dos traballos de diferentes autores actuais de banda deseñada en relación á figura de Pablo Picasso. As imaxes non os deixaron indiferentes e ficaron con moitas […]

ALMORZOS FILOSÓFICOS

Para finalizar o trimestre poñendo en práctica todo o aprendido, o alumnado de 4º de Filosofía acompañados polos nosos compañeiros e compañeiras de Oratoria, disfrutamos dun “Almorzo Filosófico” no que como non, falamos algo da filosofía e moito da vida.Algo que prometemos repertir.

FESTIVAL GOT TALENT

Como despedida antes das vacacións de Nadal o alumnado do Frei Martín animouse a mostrar todo o seu talento nun fermosísimo festival.Gracias a todo o alumnado organizador e participante por tanto esforzo e traballo.

Faite do mar

O xoves 30 de novembro traballadores da “Organización de productores de pesca fresca do porto de Vigo” explicaron a gran parte do alumnado do Frei as necesidades de traballadores no mar que se esperan nos próximos anos debido ao relevo xeneacional.Que sabe se despertaron algunha vocación! ⛵

InnovaTech FP

O pasado venres 1 de decembro, tivo lugar no CIFP Universidade Laboral de Culleredo a Xornada de Lanzamento do novo programa InnovaTech FP, un programa no que o alumnado da FP galega se enfrontará a retos tecnolóxicos propostos por diferentes empresas. A participación do noso centro lidérana oito alumnos e alumnas e profesorado dos ciclos […]

O equipo Powerfull Mind na final de Futurgal

O equipo de Sarah, Laura e Cristina clasificouse como finalista do “I Concurso StartIdeas” organizado por Futurgal, un concurso de emprendemento, ideas e innovación, dirixido a todo o alumnado de ESO, Bacharelato e FP de Galicia. O equipo Powerfull Mind estivo a traballar nun proxecto dirixido a axudar á poboación con problemas de saúde mental. […]

Visita do alumnado do CS Dietética á bodega Martín Códax

O día 23 de novembro o alumnado de dietética do Frei disfrutamos dun percorrido pola bodega Martín Códax na que aprendimos, non so como se elaboran e procesan os seus viños, senón que tamén disfrutamos cunha cata de viños e queixos da nosa terra con DOP.