O pasado venres 1 de decembro, tivo lugar no CIFP Universidade Laboral de Culleredo a Xornada de Lanzamento do novo programa InnovaTech FP, un programa no que o alumnado da FP galega se enfrontará a retos tecnolóxicos propostos por diferentes empresas. A participación do noso centro lidérana oito alumnos e alumnas e profesorado dos ciclos de Peiteado e cosmética capilar, Mecanizado, Instalacións eléctricas e automáticas e Sistemas.electrotécnicos e automatizados que darán resposta a dous retos presentados polas empresas L’Oréal e Fundación Naturgy.
Moita sorte equipos, e parabéns por formar parte desta experiencia de innovación e aprendizaxe!
