IES FREI MARTÍN SARMIENTO

PICASSO PROTAGONISTA

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes acudiu á exposición “Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo” no Café Moderno Afundación de Pontevedra, visita na que puideron desfrutar dos traballos de diferentes autores actuais de banda deseñada en relación á figura de Pablo Picasso. As imaxes non os deixaron indiferentes e ficaron con moitas ganas de seguir aprendendo en canto ao debuxo e tamén no relacionado coa historia da arte… que vista máis inspiradora!

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email