Lectura Manifesto 8M

As nosas alumnas de 1º de Bacharelato, Sara Asdih e Analía Estévez, foron as encargadas de redactar e ler o manifesto polo 8M deste ano.Non podemos estar máis orgullos@s de ver como as nosas rapazas toman a palabra para recordar que o Día Internacional da Muller non é un día de celebración baleira, senón de […]
2 de marzo no Club de Lectura FP

Iniciamos o mes de marzo xuntándonos arredor da obra “Os reis da casa”, de Delphine De Vigan, unha novela que nos deixou coa cabeza a mil. Redes sociais, infancia exposta, cámaras acesas 24/7… e esa pregunta incómoda que ficou flotando na sala: todo o que se pode gravar… débese gravar? Falamos de límites, da presión das redes […]
Reunión do 26 de xaneiro no Club de Lectura FP

O pasado 26 de xaneiro xuntámonos para comentar as lecturas do amigo invisible. Celebramos (por segunda vez!) o cumpre de Anxo no club —isto xa é tradición oficial — e demostramos que non hai mellor maneira de festexar que entre libros e boa conversa. Ademais, tomamos decisión importante: en marzo incorporamos o manga como proposta […]
Charla temática

O pasado 27 de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu á Charla Temática O tratamento dos síntomas da contemporaneidade segundo a psicanálise de orientación lacaniana, organizada polo Departamento de Filosofía e impartida polo profesor Francisco Conde Soto, da Universidade de Santiago de Compostela. Ao longo da sesión, o relator achegou unha visión clara e práctica sobre o tema, combinando explicacións accesibles […]
A I Feira da Saúde Solidaria foi todo un éxito! 💚

Conseguimos recaudar 1.400 euros para a ONG Lotus Spain, unha cifra que fala por si soa da implicación e da solidariedade de toda a comunidade educativa. O alumnado volcouse desde o primeiro momento. O grupo de TCAE A estivo ao pé do canón na propia feira: tomando constantes, ofrecendo pautas de hixiene bucodental, falando de […]
Finalistas no Young Business Talents!

O equipo NATURLAC, integrado por Estela Abilleira, Lía Bascoy e Mateo Méndez clasificouse para a GRAN FINAL do Young Business Talents! 🚀 Durante meses, os nosos alumnos convertéronse en auténticos directivos 💼📈, xestionando a súa propia empresa virtual e tomando decisións cruciais de márketing, finanzas e recursos humanos a través dun simulador profesional. E demostraron […]
Nutrimentes: logo e canción

Logo gañador de Nutrimentes ¡Xa temos logo gañador! O alumnado de 4º de E.S.O. B participou cunha chea de propostas creativas para o proxecto Nutrimentes: alimentando o futuro desde a escola. Tras unha votación, o logo de Mateo Requejo de 4º ESO B foi o elixido Un deseño orixinal e inspirador que reflicte á perfección os valores do […]
Bridges Beyond Borders

Estamos emocionados de anunciar que o noso proxecto eTwinning Bridges Beyond Borders xa ten logotipo e póster oficiais! 🌟 Os alumnos elaboraron as súas propostas usando Canva, demostrando moita creatividade e compromiso co proxecto. Logo realizouse unha votación democrática para escoller os deseños gañadores. O deseño máis votado foi creado polo noso alumno turco Rüzgar 🇹🇷. A súa proposta reflicte á perfección os valores […]
Aprender a emprender dun xeito divertido!

Enmarcada dentro do programa Eduindustria, o noso alumnado de 1º do CM de Mecanizado participou dunha xornada onde superaron retos propios do emprendemento e aprenderon novos conceptos de planificación empresarial. #Eduemprende #Aprenderaemprender
Explorando os estudos de Formación Profesional

O alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Formación e Orientación Persoal e Profesional realizou unha interesante visita ao CIFP A Xunqueira co obxectivo de coñecer de primeira man a oferta de ciclos formativos e as súas saídas profesionais. Durante a xornada, a orientadora do centro, Cristina, guiounos polas distintas instalacións, explicando con detalle […]