VISITA A INNOVART

O pasado xoves 12 de febreiro o alumnado de 1 de bacharelato de Arte e o de expresión artística de 4 de Eso xunto coas profesoras do Departamento asistiron, en Santiago, a feira de ensinanzas artísticas “Innovart”. Alí participaron en diferentes obradoiros e tamén visitaron as exposicións de “Francisco Asorey, unha recuperación necesaria” e “Mundo […]
Finalistas no Torneo de Debate Económico Nacional!!

O alumnado de 1º de Bacharelato clasificouse para a final do Torneo de Debate Económico, organizado polo Consello Xeral de Economistas de España, en colaboración co Banco de España, a CNMV e o Ministerio de Economía. O equipo, integrado polas nosas brillantes alumnas Lucía Blanco, Isabela Cortizo, Sandra Domínguez, Antía Fernández, Paula Gómez e Elia Ogando, realizou unha magnífica […]
Semana Branca en Andorra

Durante a última semana de xaneiro un grupo de alumnos e alumnas do ciclo de Mecanizado, T-CAE e 1°de Bacharelato desfrutaron dunha semana de esquí en Andorra. Acompañados dos profesores Héctor e Mónica, descubriron unha afección deportiva coa que de seguro moitos continuarán no futuro.
Olimpíada Filosófica de Galicia

O día 5 de febreiro, cinco estudantes do instituto (Ágatha, Analía, Anxo, Fátima e Lía) participaron na Olimpíada Filosófica de Galicia, na modalidade de disertación, que se celebrou na Facultade de Filosofía da USC. Sendo fieis á temática da Olimpíada, a Tolemia, tamén eles, como Don Quixote fronte aos xigantes, tiveron que enfrontarse a unha pequena dose […]
Exposición Bicos de cine na Fundación Manuel Moldes

O alumnado da materia Debuxo Artístico I acudiu á Fundación Manuel Moldes a visitar a exposición Bicos de cine. Alí puideron gozar da visita guiada polo seu comisario, o historiador e crítico Ramón Rozas, que axudou a entender e desfrutar moito máis a fondo a interesantísima obra deste artista tan vencellado á cidade de Pontevedra. […]
Educar en Xustiza

Hoxe o alumnado de 1º de bacharelato tivo a oportunidade de asistir a diferentes xuizos do penal dentro do programa Educar en Xustiza. Agradecer ao maxistrado Miguel Aramburu García-Pintos a súa cercarnía e explicación de todas as dúbidas sobre o procedemento xudicial e a interpretación de cada un dos xuizos aos que asistimos. #DepartamentoEconomía #DepartamentoFilosofía
Visita á Facultade de Belas Artes e á Facultade de Deseño

Os estudantes de 1º de Bacharelato de Artes Plásticas achegáronse a visitar a Facultade de Belas Artes e a Facultade de Deseño de Pontevedra. Queremos agradecer a Xosé Manuel Buxán, Araceli Liste e Marcos Dopico as súas xenerosas explicacións que, de seguro, resultaron moi inspiradoras para o noso alumnado. #bacharelatoartes
Museo de Pontevedra

O alumnado da materia Debuxo Artístico I acudiu ao Museo de Pontevedra para localizar obras artísticas realizadas con diferentes técnicas. Que mellor maneira de recoñecer os diferentes procedementos artísticos que analizar de preto as obras que forman parte do noso patrimonio e valorar as calidades expresivas de cada un dos creadores e creadoras. #bacharelatoartes
Xornada Portas Abertas

O mércores 11 de febreiro, ás 19:00, recibiremos a todos aqueles interesados en coñecer o funcionamento do noso centro e a súa oferta formativa de ciclos, ESO e Bacharelato de cara á matrícula do vindeiro curso.
Pintando uñas pola igualdade

Esta semana o martes e o mércores a hora do recreo encheuse de cor grazas ao traballo das alumnas e dos alumnos do Ciclo medio de Peiteado e do Ciclo medio de Estética que pintaron as uñas de todas e todos os que quixeron unirse a esta iniciativa en contra da homofobia e en favor […]