Probas libres ESO

As probas libres de ESO que se celebrarán o día 1 de setembro comenzarán ás 9:30. Os aspirantes deberán presentarse no centro ás 9:00 horas. Pola mañá as probas rematarán ás 13:15. Pola tarde horario será de 16:00 a 19:00 horas.

Fin de Curso 2022/2023 e Matrícula Curso 2023/2024

O curso 2022/2023 finaliza o día 21 de xuño de 2023 para todo o alumnado do IES Frei Martín Sarmiento. A partir do día 23 entregaranse as cualificacións ao alumnado segundo figura no “Calendario fin de curso 2022/2023”. As cualificacións tamén poderán ser consultadas a través da app abalarmobil. Calendario fin de curso 2022/2023 Entrega […]

Entrega premios Torneo de xadrez Letras Galegas

O xoves 1 de xuño entregáronselles na biblioteca do centro os premios aos tres mellores clasificados no Torneo de xadrez das Letras Galegas. O mellor foi o ben que o pasaron… e todo organizado polo alumnado! Parabéns rapaces!

Asociación de Familias de Menores Trans

Hai uns días visitou o IES Frei Martín Sarmiento Cristina Palacios de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans. Ao longo de tres sesión polas que pasaron alumnado da ESO, Bacharelato e FP Básica escoitaron con atención e entusiasmo a charla que levaba por título “Diversidade afectivo-sexual, igualdade de oportunidades e contra a LGTBIfobia”. Ao […]

Gustaríache facer teatro?

Gustaríache facer teatro? A ANPA do IES Frei Martín Sarmiento ofréceche a oportunidade de participar nunha actividade extraescolar de Artes Escénicas no que aprenderás e te divertirás moitísimo. A partir do 1 de marzo, todas as tardes dos mércores, de 17:30 a 19:30h. Anímate! ?

Charlas

Recordamos con estas fotos as sucesivas charlas que se viñeron celebrando no IES durante este segundo trimestre do curso. Profesorado da Universidade de Santiago, a través do programa “A Ponte”, así como da Universidade de Vigo, achegouse a falar de temas de moitísimo interese para o noso alumnado. Queremos agradecer a Francisco Salgado, Francisco Omil, […]

Acción Formativa Desempregados

O IES Frei Martín Sarmiento vai desenvolver, entre o 6 de marzo e o 9 de Agosto, unha Acción Formativa (AFD) gratuíta enfocada principalmente a desempregados inscritos na oficina de emprego cun nivel mínimo da ESO, e que dará acceso a obtención dun certificado de profesionalidade de nivel 2, con formación teórico-práctica nas aulas e […]

Parabéns Lara!

Sentímonos moi orgullosos da nosa ex-alumna Lara Portela Crespo, actualmente alumna de grao da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. O pasado mes de decembro foille concedido o “Premio da Fundación da Enxeñería Civil de Galicia ao Mellor Expediente de Bacharelato de 2022” Parabéns Lara! Estamos seguros […]

Un Nadal con moita arte!

Un Nadal con moita arte! A través da seguinte videomontaxe realizada por alumnas de Cultura Audiovisual do Bacharelato de Artes, podedes ver unha escolma dalgúns fragmentos das actuacións do festival. O alumnado do noso centro, coordinado polas súas profesoras Mercedes Moreno e Santa Cameselle, mergullounos na beleza e maxia do Nadal a través da música, […]

Moi Felices Festas e Feliz 2023

O IES Frei Martín Sarmiento deséxavos a todos e todas MOI FELICES FESTAS e FELIZ 2023! ?‍?‍?‍???✨? Video realizado por Ana Coego e Lucía Leiro, do Bacharelato de Artes, co Departamento de Música… Moitas grazas!