Logo gañador de Nutrimentes

¡Xa temos logo gañador!
O alumnado de 4º de E.S.O. B participou cunha chea de propostas creativas para o proxecto Nutrimentes: alimentando o futuro desde a escola. Tras unha votación, o logo de Mateo Requejo de 4º ESO B foi o elixido 

Un deseño orixinal e inspirador que reflicte á perfección os valores do proxecto: alimentación saudable, educación e futuro. 

#Nutrimentes #CreatividadeEscolar #LogoGañador #AlimentandoOFuturo #TalentoXove

A música tamén forma parte de Nutrimentes!
Canción de Claudia
Claudia González, alumna de 4º ESO B, compuxo unha fermosa canción que será a banda sonora do proxecto Nutrimentes: alimentando o futuro desde a escola. A súa creatividade e orixinalidade fan que cada nota conecte coas emocións e coa mensaxe educativa do proxecto. 

Unha obra que nos lembra que o talento do alumnado non ten límites! 

#Nutrimentes #MúsicaCreativa #BandaSonora #AlimentandoOFuturo #TalentoXove