Maquillaxe no CEIP de Marcón

#AprendizaxeServizo Práctica real de Maquillaxe no CEIP de Marcón O noso alumnado de 1º curso do ciclo medio de Estética e Beleza enfrentouse a un reto real: unha práctica de maquillaxe cos nenos e nenas do CEIP de Marcón, transformándoos en adorables Avatares. Foi unha marabillosa oportunidade que lles permitiu aprender a planificar un servizo, […]
Venres de Entroido

Este venres celebramos o Entroido no pavillón do Frei. Os grupos participantes desfilaron e fixeron coreografías ante público e xurado. Todo amenizado por DJ Geagle, estudante de Electricidade do noso centro. Foron tres os grupos gañadores: Os rapeiros de 1 Bach C, Emojis de CAE-B e Anos 20 de 2 ESO B. Noraboa!!
O equipo SUNRISE na Final do YBT

O equipo SUNRISE, integrado por Estela Abilleira, Lía Bascoy e Yossra Zendi, conseguíu clasificarse para a final nacional do Young Business Talents. O YBT é un programa no que o alumnado ten que tomar diferentes decisións sobre a xestión dunha empresa, decisións sobre produción, contratación, capacidade produtiva, publicidade, canles de distribución e outros factores que […]
TURISMO MARIÑEIRO

Marisqueo por un día cos alumnos do CS Dietética, organizado pola Cofradía Pastoriza de Vilanova de Arousa. A xornada incluíu unha explicación teórica na Lonxa de Vilanova e unha práctica do marisqueo na zona do Terrón de Vilanova, compartindo a actividade coas mariscadoras.
Preparados para dar o salto

#EducaciónFinancieira #PreparadosParaoSalto #PlanEduemprendeDentro do Plan Eduemprende, o alumnado de FP e de Bacharelato do noso centro tivo a sorte de recibir a Carlota Sánchez, Coordinadora da Área de Educación Superior de //Afundación Abanca, quen impartiu unha dinámica charla chea de exemplos prácticos sobre conceptos financeiros clave para o noso día a día. En 50 minutos […]
Festa de Entroido

Venres 28 de febreiro
A festa do amor e da amizade no IES Frei Martín Sarmiento

O pasado venres 14 de febreiro, día de San Valentín, o grupo musical Metamorfosis deleitou cun sensacional concerto a todos os que se achegaron ao espazo Nuncaxamais. Ademáis, o alumnado do Club Atlantis preparou un fermosísimo buzón no que, durante a semana, todos os que quixeron puideron depositar as cartas de amor ou amizade que […]
Innovart

Departamento de Artes Plásticas Innovart + Exposición Tattoo O alumnado de 1⁰ e 2⁰ de Bacharelato de Artes acudiu á feira “Innovart”, de ensinanzas relacionadas coas artes, na Cidade da Cultura en Santiago. Alí acadaron información moi valiosa para o seu futuro académico. Asemade, aproveitaron para gozar da exposición “Tattoo. Arte baixo a pel”, no […]
Bodega Pazo Baión

Visita dos alumnos do C.S. Dietética á Bodega de Pazo Baión.Recorrido pola finca, palomar e bodega, con explicación da elaboración e cultivo do viño.Terminamos o recorrido con cata e degustación dos seus viños, pertencentes á cooperativa Condes de Albarei.
Programa de Educación Cívico-Tributaria

Hoxe, o alumnado de 1º de bacharelato B visitou as instalacións da AEAT dentro do Programa de Educación Cívico-Tributaria. A Axencia Tributaria vén desenvolvendo desde o ano 2003 o Programa de Educación Cívico-tributaria (PECT), como un programa educativo cuxo obxectivo é explicar á cidadanía máis nova o impacto que o sistema fiscal, na súa dobre vertente de […]