STOP.RE

O proxecto STOP.RE do IES Frei Martín Sarmiento recibe o Primeiro Premio a Ecoinnovación na categoría de Sostenibilidade na IX edición de Fundación Endesa. O xurado valorou a súa orixinalidade, creatividade e calidade, destacando entre os 196 proxectos que chegaron á final, dos 465 que se presentaron nesta IX edición. STOP.RE é un proxecto educativo […]

Celebración do Día do Libro

Hoxe queremos recordar que para a celebración do Día do Libro, a Biblioteca do Instituto, en colaboración co Departamento de Artes Plásticas, organizou un obradoiro coa ilustradora e libreira Alba Blanco. Os destinatarios foron o alumnado do Club Atlantis e algúns alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato de Artes.Neste taller, Alba explicou […]

Excursión de fin de curso de 4º ESO a Penaventura

Do 26 ao 29 de maio, 16 rapaces e rapazas disfrutaron de actividades de aventura ao aire libre, que requiren moito esforzo e paixón: tirolina entre montañas, barranquismo, paintball, escalada, mini golf, busca do tesouro, karts tolos, circuito arbóreo e, como non, festas nocturnas. Parabéns a todas e todos polo excelente comportamento e capacidade para […]

Tendencias en recollidos

O pasado mércores 21 de Maio, o alumnado de CM Peiteado e Cósmetica Capilar asistiu da man de Fátima Bermúdez, de VMV Cosmetic Group Galicia, a unha formación de tendencias en recollidos para eventos e celebracións. Foi unha xornada de aprendizaxe que resultou moi productiva para todo o alumnado, que estivo moi atento e participativo.

Día das Letras Galegas

O venres 16 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas no IES Frei Martín Sarmiento, este ano dedicado ás cantareiras e á poesía popular de tradición oral. Por este motivo, a celebración foi con música e danzas tradicionais. Todos os grupos da ESO e o 1ª de Bacharelato de Artes Escénicas participaron no festival […]

Taller de cómic en Bdra Gráfica

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes asistiu ao obradoiro de cómic impartido polo creador Alfonso Barreiro Carreño, ao abeiro do Festival de Cómic Bdra Gráfica e convidados por Kiko da Silva. Canta creatividade! En pouco tempo a mesa encheuse de personaxes e historias ben divertidas! Hoxe faltounos tempo, pero habemos de volver para […]

Cata de té

“Cata de té” en laboratorio do C.S. Dietética coa catadora de tés internacionais Laura Rodríguez de TETERETA en Vilagarcía.Realizouse a cata en 2 partes, a primeira con valoración de 5 tipos de té (Blanco, azul, verde, vermello e negro) e a segunda parte realizando o ritual do té matcha xaponés.

Visita á Escola de Enxeñaría Forestal do campus de Pontevedra

O 16 de maio un grupo de 38 estudantes de 4º da ESO do noso centro participou nesta visita na que se realizaron diversas actividades na Xiloteca (unha “biblioteca” con mostras de madeira de centos de especies) e no Arboreto do Campus, onde atopamos dúcias de árbores diversas. Na Xiloteca realizamos actividades como a identificación […]