Charlas e fotos cos maiores

O martes e mércores da pasada semana o alumnado de 3º de PDC, 1º de Bacharelato A e 4º de ESO C participante no proxecto “Fotografía en curso”, visitou aos residentes da Residencia de maiores de Campolongo acompañado polas súas profesoras Mercedes Sans e Emma Alonso. Agradecemos a Juanjo, o director da Residencia, a súa […]

Intervención Artística

Queremos rematar a semana do 8M agradecendo as formidables intervencións artísticas realizadas polo alumnado de Debuxo Artístico I, do 1º de Bacharelato de Artes, coa súa profesora Emma Alonso. Seguindo os deseños de Alba Lores Freire e Antía Mouriño García, encheron de luz o corredor das escaleiras, adicando unha fermosa e colorida homenaxe a todas […]

Viaxe cultural a Madrid

Do 20 ao 23 de febreiro o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes e o de Historia da Arte realizou unha viaxe cultural a Madrid. Foi unha boa experiencia poder observar as obras de arte que lles entra nas Abau, visitando os principais museos da cidade, o Pradro, Reina Sofía, Thyssen, Casa museo de […]

Visita de Paula Andrés

Esta semana o grupo de 1º de Bacharelato de Artes, na materia de Proxectos Artísticos, recibimos a visita de Paula Andrés, unha fotógrafa que nos fixo gozar dunha experiencia moi divertida, na que aprendemos moito sobre fotografía e conseguimos unhas imaxes do máis espectacular… e todo co noso móbil! ??✨ Este taller foi organizado polo […]

Festival Novos Cinemas

Desde o IES Frei Martín Sarmiento queremos agradecer ao Festival de NOVOS CINEMAS de Pontevedra, e en particular a Suso Novás, o seu Director Artístico, que nos convidaran a gozar de diversas actividades deseñadas para o noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. A pasada semana tivemos a sorte de acudir ao Teatro Principal […]

Visita Expo “This is pop”

Desta vez, foi o alumnado de 1º de Bacharelato de Artes que visitou a exposición “This is Pop. Das latas de Andy Wharhol ás túas”, na que puideron gozar das fantásticas obras expostas, así como dun taller de iniciación á robótica para proxectos artísticos… Que ben o pasamos no Café Moderno Afundación de Pontevedra! ???

Visita Exposición

O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes visitou a exposición “This is Pop. Das latas de Andy Wharhol ás túas”, na que puideron gozar de interesantísimas obras dos artistas máis representativos deste movemento artístico do século XX. Todo un luxo en Café Moderno Afundación de Pontevedra! ???

Expo: Barcos de pedra, avións de madeira

[:gl] Esta semana, o noso alumnado de Bacharelato visitou a exposición “Barcos de pedra, avións de madeira” da súa profesora Carmen Hermo, no espazo Nemonón de Pontevedra. Gozaron dun espazo rehabilitado con gusto e respecto dunha vila do ano 1905, e tamén aproveitaron para dialogar sobre o proceso creativo dos artistas plásticos… Que fermosura!   […]

Samaín

[:gl] No IES Frei Martín Sarmiento temos a sorte de contar cunha chea de artistas en disciplinas moi diversas, e son tan xenerosos/as que nos fixeron gozar dun Samaín inesquecible… Compositoras, actores, actrices, bailarinas, artistas plásticos, deseñadores, fotógrafas, artistas audiovisuais… Tamén fixeron un traballo marabilloso os/as compañeiros/as dos ciclos de Peiteado e Estética, dando vida […]