IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Festival Novos Cinemas

Desde o IES Frei Martín Sarmiento queremos agradecer ao Festival de NOVOS CINEMAS de Pontevedra, e en particular a Suso Novás, o seu Director Artístico, que nos convidaran a gozar de diversas actividades deseñadas para o noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.

A pasada semana tivemos a sorte de acudir ao Teatro Principal para o visionamento duns formidables curtametraxes de Xacio Baño, na AULA+NOVOS07//ENCONTROS CON CINEASTAS, acompañados polo autor, co que puidemos manter unha charla moi emotiva e enriquecedora.

Gozamos da película “O outeiro onde roxen as leoas” dirixida por Luàna Bajrami, fantasticamente comentada por Suso, e que nos deixou unha pegada verdadeiramente fonda.

E esta semana tivemos a fortuna de facer de anfitrións do Festival no noso centro xa que Suso, xunto a autora Tamara Goberna, nos amosaron e comentaron varias curtametraxes que non nos deixaron para nada indiferentes, o último deles realizado pola propia Tamara. Este tipo de actividades nos inspiran moito… non nos chega o momento de gozar da próxima!

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email