Ler no verán 2022-23

Coma tódolos anos, a biblioteca do I.E.S. Frei Martín Sarmiento fai unha serie de recomendacións de lectura para o periodo estival. Pódese consultar a deste ano no seguinte enlace.

Filosofía na mirada

A outra exposición que estamos a desfrutar estes días no noso instituto, vencellada ao Plan Proxecta “Fotografía en curso”, titúlase “Filosofía na mirada” e amosa unha serie de fotografías que tiñan como principal obxectivo crear unha obra combinando pensamento filosófico e creatividade artística. Aproveitando o traballo previo (dende a fiestra, retrato, diario de luz ou […]

“Un día na residencia”

“Un día na residencia” é unha das exposicións fotográficas que temos actualmente no vestíbulo do noso instituto. Esta mostra é o resultado dunha actividade vencellada ao Plan Proxecta “Fotografía en curso”. O alumnado de 3º de PDC, 1º de Bacharelato A y 4º de ESO C visitou aos residentes da Residencia de maiores de Campolongo, […]

Andaina polo medio ambiente

Os mozos e as mozas do Clube contra o cambio climático saben ben que para poder desfrutar da natureza é preciso coidala. Esta semana, co galo do Día Mundial do Medioambiente, fomos de andaina ata as cascadas do Barosa polo camiño portugués, onde ademais de pasalo moi ben exercitando as pernas (foron uns campeóns), ollando […]

Compartindo unha experiencia vital

A semana pasada a nosa alumna Keziah Mensah, estudante do ciclo medio de mecanizado, participou nunha emotiva actividade organizada entre o Ceip de Marcón e a Aula de Emprendemento do noso centro. Keziah, natural de Ghana 🇬🇭, ofreceu ao alumnado de 4º e 5º de primaria do @ceipmarcon unha charla sobre a problemática da contaminación e escasez […]

Entrega premios Torneo de xadrez Letras Galegas

O xoves 1 de xuño entregáronselles na biblioteca do centro os premios aos tres mellores clasificados no Torneo de xadrez das Letras Galegas. O mellor foi o ben que o pasaron… e todo organizado polo alumnado! Parabéns rapaces!