Novas instrucción da Consellería de Educación

Actualizamos coas novas instrucións da Consellería de Educación , Universidade e Eduación Profesional en relación co COVID-19. Se queres acceder ás mesmas podes facelo premendo neste enlace.
Información ao alumnado e familias: organización do período do 16-29 marzo

Adxuntamos este documento (premer aquí) con instrucións para a organización do período de suspensión da actividade lectiva por parte da Consellería de Educación que abrangue do 16 ao 29 de marzo de 2020. Agradecemos de antemán a vosa colaboración e pedimos disculpas polos inconvintes que poida xerar esta situación excepcional. Grazas de novo e saúdos[:en]
Medidas Consellería de Educación en relación co Covid-19

A Consellería de Educación, Universidade e Educación Profesional ven de publicar unha serie de medidas a adoptar, en todos os centro de ensino en relación coa pandemia covid- 19, para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020. Podes consultar as medidas premendo no enlace: medidas Consellería de Educación […]
Comeza o plazo de admisión a Centros

O 1 de marzo comeza o prazo de solicitude de praza nos Centros Educativos para o vindeiro curso 2020-2021. O prazo para presentar as solicitudes termina o 20 de marzo se o facedes a través da Sede Dixital e o 23 de marzo, luns, no propio centro de xeito presencial (isto é debido a que […]
Xornada Portas Abertas – Escape Room

O vindeiro martes 11 de febreiro ás 19:30 horas o IES Frei Martín Sarmiento organiza unha Xornada de Portas Abertas cun novedoso xogo de escape rooom. Co obxectivo de por en valor o traballo docente que desenvolvemos e para ensinalo dun xeito novedoso, propoñemos un xogo para que as familias coñezan o noso centro resolvendo […]
Publicacións das baremacións provisionais do Erasmus +

Xa temos as baremacións provisionais das convocatorias KA 103 para grao superior e KA 102 para grao medio (FCT e titulados) do Erasmus +. Lembrade que tendes 5 días hábiles desde a data de publicación para posibles reclamacións. Parabéns ao alumnado seleccionado!!! Consultade as baremacións no enlace.[:en]
Spotify-Pon Ti a Música

Como vemos que o proxecto “Pon ti a música” para seleccionar as cancións que soan durante os descansos no noso Centro Educativo está a ter moitas demandas, nada mellor que compartir convosco unha lista que creamos no Spotify para que as poidades escoitar todas.
Concurso Postais Navideñas

Queres que a túa postal navideña sexa a felicitación oficial do centro? Deseña ou debuxa unha postal navideña en tamaño A5 (a metade dun folio) e entrégaa na secretaria do centro antes do 16 de decembro. Concurso aberto a toda a comunidade educativa do instituto. Participade!!! Máis info na nosa sección de Circulares.
Consulta sobre a xornada única para ESO e Bacharelato no curso 2020-2021

Tal como recolle a Orde do 29 de maio de 2008, que regula o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta, cómpre consultar ao consello escolar e o claustro de profesores (en sesión extraordinaria datadas para o vindeiro 28 de novembro), para despois facer unha consulta ás familias […]
Pon ti a música

Queres seleccionar a música que soa nos descansos ou ao final das xornadas lectivas? Se formas parte da comunidade educativa do I.E.S. Frei Martín Sarmiento, preme o enlace ou ben escanea o código QR para solicitar unha canción. En función das solicitudes, a conmemoración dunha data ou acontecimiento, a relación co estación do ano… seleccionaremos […]