O vindeiro martes 11 de febreiro ás 19:30 horas o IES Frei Martín Sarmiento organiza unha Xornada de Portas Abertas cun novedoso xogo de escape rooom. Co obxectivo de por en valor o traballo docente que desenvolvemos e para ensinalo dun xeito novedoso, propoñemos un xogo para que as familias coñezan o noso centro resolvendo unha serie de probas. Guiados en grupos polo noso alumnado, terán que adiviñar onde dirixirse para descubrir unha escolma do que facemos, axudados da realidade aumentada, nunha aplicación instalada nas nosas tablets. Estades todos convidados a participar ! Descarga PDF das Xornadas.