Tal como recolle a Orde do 29 de maio de 2008, que regula o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta, cómpre consultar ao consello escolar e o claustro de profesores (en sesión extraordinaria datadas para o vindeiro 28 de novembro), para despois facer unha consulta ás familias se estes órganos pronuncianse de xeito favorable. A devandita orde exise unha maioría cualificada de 3/5 dos integrantes do consello escolar e do claustro, e para as familias que un 58% destas voten de xeito positivo á consulta (non votar implicaría voto en contra). O vindeiro martes 19 de novembro ás 20:00 hs. celebraremos no salón de actos unha sesión informativa para as familias. Máis información no enlace.