Vista ao Grupo Zendal

O curso pasado, dous alumnos de 2° de Laboratorio clínico (Carla Fernández e Noah Ferreira) quedaron finalistas do Reto Zendal de Innovatech 2025. Grazas a isto, o alumnado de 1° de Laboratorio deste ano puido visitar as instalacións da biofarmaceútica Zendal en Porriño, empresa punteira en vacinas tanto animales como humanas.Durante a visita, o alumnado […]
A I Feira da Saúde Solidaria foi todo un éxito! 💚

Conseguimos recaudar 1.400 euros para a ONG Lotus Spain, unha cifra que fala por si soa da implicación e da solidariedade de toda a comunidade educativa. O alumnado volcouse desde o primeiro momento. O grupo de TCAE A estivo ao pé do canón na propia feira: tomando constantes, ofrecendo pautas de hixiene bucodental, falando de […]
Feria Etiqueta Negra

O alumnado de CS Dietética e Laboratorio visita a Feira da Alimentación Etiqueta Negra que se celebrou en novembro no Recinto feiral de Pontevedra. Alí puideron degustar diferentes produtos gourmet, DOP e considerados produtos de artesanía alimentaria. Unha mañá moi apetitosa!
Xenética e oncoloxía

O pasado luns 24, no ciclo de T-CAE ordinario, tivemos a sorte de contar con Nahir, bióloga e investigadora, e con Uxía, coordinadora de voluntariado da AECC. Nahir ofreceunos unha charla apaixonante sobre a xenética e o seu papel no desenvolvemento oncolóxico, achegándonos dunha forma clara e próxima a importancia da investigación. Pola súa parte, […]
TCAE. Alumnas que ensinan

O pasado oves tivemos unha visita moi especial no IES Frei Martín Sarmiento. As nosas alumnas de 2º do ciclo medio de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría viñeron ao centro para compartir co grupo de 1º TCAE A os seus coñecementos sobre mobilizacións de pacientes. Como están a realizar as súas prácticas en distintos […]
Visita a PONTESAN

Visita a Pontesan do alumnado de CS Laboratorio para asistir á charla inaugural “Xenética dos trastornos mentais” do Dr. Ángel Carracedo, catedrático de medicina legal e director de Xenómica de Santiago de Compostela.
Graduación Ciclos Formativos

O xoves 19 celebramos a graduación de ciclos formativos nun emotivo evento repleto de humor, ilusión e soños cumpridos. Os ciclos de Peiteado, Estética, Mecanizado, Laboratorio e TCAE viron recompensado o seu esforzo e dedicación ao longo desta etapa nas agarimosas palabras que recibiron das súas titoras e titores. Tamén eles agradeceron aos profes todas […]
Cata de té

“Cata de té” en laboratorio do C.S. Dietética coa catadora de tés internacionais Laura Rodríguez de TETERETA en Vilagarcía.Realizouse a cata en 2 partes, a primeira con valoración de 5 tipos de té (Blanco, azul, verde, vermello e negro) e a segunda parte realizando o ritual do té matcha xaponés.
TURISMO MARIÑEIRO

Marisqueo por un día cos alumnos do CS Dietética, organizado pola Cofradía Pastoriza de Vilanova de Arousa. A xornada incluíu unha explicación teórica na Lonxa de Vilanova e unha práctica do marisqueo na zona do Terrón de Vilanova, compartindo a actividade coas mariscadoras.
Bodega Pazo Baión

Visita dos alumnos do C.S. Dietética á Bodega de Pazo Baión.Recorrido pola finca, palomar e bodega, con explicación da elaboración e cultivo do viño.Terminamos o recorrido con cata e degustación dos seus viños, pertencentes á cooperativa Condes de Albarei.