Xornada de Portas Abertas en Formación Profesional (17/04/2024)

O mércores 17 de abril o IES Frei Martín Sarmiento convida a todas as persoas interesadas na nosa oferta de ciclos formativos a coñecer o noso centro na xornada de portas abertas que terá lugar a partir das 19,00 h.Se algún centro desexa realizar unha visita co seu alumnado, deberá pedir cita.
Charla sobre saídas laborais do CM Estética

Elena e Sara, da empresa Sephora, deron unha charla o pasado mércores 13 de marzo ás alumnas do CM de estética.Expuxeron as múltiples saídas laborais que facilita unha empresa grande como é o grupo LV.
IV Concurso de Maquetas

Xa temos Maquetas gañadoras do IV Concurso de Maquetas dos proxectos empresariais do alumnado de 2º curso de FP do noso centro. Parabéns a todo o alumnado participante pola orixinalidade e calidade dos traballos presentados, cada ano… máis e mellor!! A piques de rematar a vosa formación no centro educativo, sabemos que estas semanas non […]
O Frei na final nacional do YBT

Despois de catro meses xestionando unha empresa a través do simulador empresarial do Young Business Talents, o 19 de abril, tres alumnos do noso instituto, Gabriel, Pablo e David, viaxarán a Madrid para enfrontarse a outros 99 equipos de toda España para decidir cales son os mellores xoves empresarios españoles. Durante estes catro meses, 74 […]
3º da ESO na Coruña

Onte os alumnos e as alumnas de 3º de ESO do Frei Martín visitaron o DOMUS, A Casa Ciencias e o Acuario de A Coruña.Esperamos que disfrutaran e aprenderan moitísimo nesta saída organizada polo Departamento de Bioloxía do noso centro.
Club de debate en Santa Comba

A pesar de non pasar a 1ª rolda de Debate, o noso alumnado do Club de Debate sobresaliu en agrademento pola experiencia, entusiasmo, gañas de disfrutar e compañeirismo. Para a súa profesora, Cristina González, foi un pracer ir con este grupo de alumnos e alumnas representando ao IES Frei Martín Sarmiento. Grazas en nome de […]
1ª Rolda Club de Debate
O próximo martes 27 de febreiro o Club de Debate do IES Frei Martín Sarmiento ten a primeira rolda de debate en Santa Comba. Despois de preparalo con tanto traballo e entusiasmo, aínda que tamén cun pouco de nervios, seguro que pasades a seguinte rolda. Sorte a Breogán, Lía, Carla, Raquel, Lucía, Adriana, Paula, Yossra, […]
Equipo Arcodavella
Este mes dende o Equipo Arcodavella do IES Frei Martín Sarmiento estamos a dar visibilidade ao colectivo LGTBQ+ no deporte co motivo do 19 de Febreiro, día internacional contra a LGTBfobia no deporte.“SEN RESPECTO NON HAI DEPORTE”
Visita de Claudia Couto

O pasado venres 16 de Febreiro estivo de visita no IES Frei Martín Sarmiento, a campiona do Mundo C1 200 Sub-23, Claudia Couto, ex alumna deste centro. Falou co alumnado de 1º e 2º de ESO sobre a súa experiencia no deporte de alto rendemento así como da importancia da constancia e vontade para acadar […]
Intercambio coa Upper Dublin High School

Do 10 ao 21 de febreiro recibimos a visita do alumnado de Upper Dublin High School dentro do intercambio que o noso centro leva a cabo con este instituto estadounidense. Durante a súa estancia aloxaronse en familia, asistiron a clases, participaron no Entroido, fixeron excursións a Santiago, Ourense, Verín, Baiona, Santa Tecla e Valença. Gracias […]