O mércores 17 de abril o IES Frei Martín Sarmiento convida a todas as persoas interesadas na nosa oferta de ciclos formativos a coñecer o noso centro na xornada de portas abertas que terá lugar a partir das 19,00 h.
Se algún centro desexa realizar unha visita co seu alumnado, deberá pedir cita.
