Novo Espazo de Tecnoloxía Aplicada

O proxecto de Espazo de Tecnoloxía Aplicada na FP: Aula CAD/CAM 4.0 transformou a aula clásica de CNC nun espazo tecnolóxico de CAD/CAM.

Taller de Aromaterapia

Canto nos gusta aprender de emprendedores da nosa contorna….!! Grazas Noelia Solar de @_esenciaviva_ por guiarnos neste bonito taller de Aromaterapia e elaboración de velas de masaxe. Unha experiencia única para o grupo de alumnas de 2º curso do ciclo superior de Estética Integral e Benestar na que aprendemos sobre os beneficios da aromaterapia para […]

Visita á ESAD

O pasado martes 12 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato da modalidade de Artes escénicas visitou a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) en compañía dun grupo do IES Xunqueira I. O alumnado recibiu mostras didácticas en sesións de 30 minutos das diferentes materias que se imparten na Escola, cuxa oferta […]

Visita ao Porto de Vigo

O pasado xoves 7 de novembro, o alumnado de Economía de 1º de bacharelato e de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio de 2º de bacharelato visitou o Porto de Vigo. En primeiro lugar visitamos a lonxa de pescado onde nos explicaron todo o proceso dende que o pescado chega nos barcos e outros […]

Samaín no Frei

 Na semana do Samaín pasamos moito medo no Frei grazas a esmerada decoración das portas das aulas. E até hai tres premiadas pola Anpa Xocas con un almorzo na cafetaría! Parabéns aos grupos gañadores!!

Obradoiro Maquillaxe

Presentámosvos a parte do equipo do noso alumnado de Estética que durante esta semana organizou durante os recreos un obradoiro de maquillaxe de medo!!! Durante tres xornadas ensinaron a compañeiros e profes a realizar feridas e outros trucos de maquillaxe de Samaín cun acabado moi profesional. Moitas grazas equipo de 1º do CM de estética pola […]

Asociación ASGATE

Esta semana, todos os ciclos formativos do noso centro tiveron a oportunidade de participar nunha formación moi especial sobre técnicas de primeiros auxilios, impartida como todos os anos pola asociación ASGATE.  Grazas de corazón aos voluntarios de ASGATE pola súa implicación e profesionalidade. É unha sorte contar con persoas tan dedicadas e dispostas a compartir […]

Tendas con historia (s)

O obxectivo desta exposición é valorar a importancia dos establecementos históricos nas cidades como Pontevedra, os cales, contribúen a conformar o seu carácter e particularidade. O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes do curso pasado, na materia de Proxectos Artísticos, achegouse a coñecer de primeira man as experiencias laborais e vitais das persoas que […]

Uxía e Carla de Erasmus en Francia!!

Uxía Laya Santos e Carla Pérez García, alumnas de CAE, iniciaron a súa aventura Eramus + a finais de setembro na cidade francesa de AleÇon. As estudantes realizarán as súas prácticas de empresa a través de dous proxectos Erasmus: 2023-1-ES01-KA121-VET-000122692 e 2024-1-ES01-KA121-VET-000213650. A súa estancia total será de 11 semanas, repartidas en dous períodos de […]