O pasado xoves 7 de novembro, o alumnado de Economía de 1º de bacharelato e de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio de 2º de bacharelato visitou o Porto de Vigo.
En primeiro lugar visitamos a lonxa de pescado onde nos explicaron todo o proceso dende que o pescado chega nos barcos e outros medios de transporte ao Porto de Vigo para realizar a subasta onde participan os comercializadores do produto e outros profesionais. Despois da subasta o pescado é limpado e embalado para transportalo aos diferentes destinos. Este é o porto máis importante de Europa en venta de pescado fresco para consumo humano. Diariamente saen do Porto de Vigo entre 60 e 70 trailers cargados con produto para diferentes lugares do mundo.
Despois fomos á zona do Berbés, onde se transporta a mercancía rodada, a maior parte son vehículos, cunha capacidade de almacenamento de 35.000 vehículos, para ser embarcados en buques con capacidad de ata 8.000 vehículos.
Finalmente visitamos o porto comercial, de Guixar e Arenal, onde se almacenan e transportan diferentes mercancías: cemento, aceiro, chatarra, pedra e outras commodities.
Toda unha experiencia para comprobar a infraestrutura necesaria para que os produtos cheguen ao consumidor final, moi importante tendo en conta que máis do 90% do comercio mundial se transporta por mar.



