O pasado martes 12 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato da modalidade de Artes escénicas visitou a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) en compañía dun grupo do IES Xunqueira I. O alumnado recibiu mostras didácticas en sesións de 30 minutos das diferentes materias que se imparten na Escola, cuxa oferta formativa divídese en tres ensinanzas: Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía e Interpretación. Grazas a colaboración das profesoras e profesores da Escola puidemos coñecer de xeito práctico como son as clases de voz, linguaxe corporal, interpretación textual, dirección de escena ou como preparar un proxecto escenográfico. Tamén resolveron dúbidas acerca das probas de acceso e informaron sobre as posibles saídas profesionais do sector. Moitísimas grazas ao profesorado da ESADg pola súa dedicación e calorosa acollida!
