Torneo de Brilé

Este martes foi o primeiro partido do Torneo de brilé organizado por un grupo de alumnos e alumnas de Primeiro de Bacharelato con moita iniciativa. Animádevos a competir para convivir nos recreos dos martes!

Trocalibros

O domingo 30 foi o primeiro ano no que a Anpa Xocas e o IES Frei Martín Sarmiento participamos no Trocalibros do Salón do Libro. A convocatoria foi todo un éxito de público. Grazas a Susana, Sesé, Cruz, Laura e Rosa da Anpa Xocas e as profes Lucía e Mercedes pola colaboración. Trocamos preto de […]

Campamento na Illa de Ons

A ANPA do nos IES organiza un campamento na Illa de Ons os días 7 e 8 de xuño de 2025 dirixido a todo o alumnado do centro. Máis información no apartado da ANPA XOCAS na web (dentro da información para Alumnado/Familias).

Fin de Curso 2022/2023 e Matrícula Curso 2023/2024

O curso 2022/2023 finaliza o día 21 de xuño de 2023 para todo o alumnado do IES Frei Martín Sarmiento. A partir do día 23 entregaranse as cualificacións ao alumnado segundo figura no “Calendario fin de curso 2022/2023”. As cualificacións tamén poderán ser consultadas a través da app abalarmobil. Calendario fin de curso 2022/2023 Entrega […]

Celebración das Letras Galegas na Deputación

O grupo participante no recital poético-musical do Día do Libro asistiu a unha actividade teatral na Deputación de Pontevedra o 22 de maio. A obra, representada polo artista Serafín Marco, recreaba episodios vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas neste ano 2023, Francisco Fernández de Riego. Como se pode observar nas fotos, as […]

Axudas material escolar curso 23/24

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso […]

PARABÉNS LARA

Sentímonos moi orgullosos da nosa ex-alumna Lara Portela Crespo, actualmente alumna de grao da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. O pasado mes de decembro foille concedido o “Premio da Fundación da Enxeñería Civil de Galicia ao Mellor Expediente de Bacharelato de 2022”