IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Xornada DepoEmprende

O alumnado da materia Formación e Orientación Persoal e Profesional de 4º ESO participa no proxecto da Deputación de Pontevedra “DepoEmprende”. Hoxe estivo con nós Rosa Corbacho orientando ao alumnado sobre como proceder para poñer en marcha a súa cooperativa. O obxectivo é que o proxecto chegue a sair da aula e que o alumnado practique na realidade as operacións típicas dunha empresa. Neste caso o alumnado vai desenvolver tres proxectos en tres cooperativas diferentes: a empresa “Manos Amigas”, centrada no acompañamento e axuda aos nosos maiores; “Costa Proyect”, cuxo obxecto é o coidado das nosas praias e costas; e “Ayuda, comprensión e interacción”, que pretende axudar ao alumnado que sofre acoso escolar. Tres empresas cooperativas cun claro obxectivo social que en breve serán constituidas oficialmente para comezar a traballar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email