IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Visita a Cárnicas Maño

Cárnicas Maño é unha empresa adicada a preparación de produtos elaborados con carne e de salsas que está situada no entorno produtivo do noso centro. Visitamos as súas instalacións o día 8 de maio cos alumnos de 1º do ciclo medio de instalacións electrotécnicas e automáticas e o 9 de maio cos alumnos de 1º de ciclo superior de sistemas electrotécnicos e automatizados.

O interese desta visita céntrase en que os alumnos poden ver exemplos de aplicacións concretas de moitos dos contidos dos módulos cursados (compensación de enerxía reactiva, instalacións de frío, automatismos cableados e programados, etc).

Fomos recibidos por Teodoro Lafuente Acuña e Rosana Lafuente Acuña aos que non podemos mais que agradecer a súa disposición nas explicacións e facilidades para o desenvolvemento das visitas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email