Co obxectivo de concienciar e educar sobre a problemática da contaminación por plásticos o noso alumnado de segundos cursos de FP participou dun taller de sensibilización medioambiental dirixido por Alba e Fabián, dous emprendedores galegos creadores do proxecto sostible, Aventura Plástica. O alumnado puido coñecer a problemática dos residuos plásticos en xeral e dos seus sectores profesionais en particular: electricidade, peiteado, estética, laboratorio clínico e mecanizado. A xornada rematou coa transformación en vivo de residuos plásticos en obxectos útiles na máquina inxectora!!💚Grazas Alba e Fabián por incidir na importancia de trocar pequenos hábitos de consumo, atopando alternativas sinxelas, sás e moito mais sostibles. ✨✨✨✨Esta actuación está cofinanciada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial: Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, e pola Unión Europea – #nextgenerationeu NextGenerationEU