IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Premio Extraordinario ESO

O noso alumno, Alejandro Castrelo Senra, foi galardoado co Premio Extraordinario da ESO ao rendemento académico que este curso otorgou a Xunta a un total de 20 estudantes de entre as máis de 400 candidaturas que se presentaron a esta proba.

O pasado sábado 21 de decembro Alejandro recolleu o premio nunha ceremonia celebrada na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. 

Moitos parabéns, Alejandro, por este recoñecemento ao teu esforzo e bo facer durante a ESO.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email