IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Obradoiro de introdución ao postcrecemento

O xoves 2 de novembro estiveron no instituto tres investigadores do Post growth Innovation lab, Brais, Cristina e Victor para desenvolver un obradoiro de introdución ao postcrecemento. Tras unha presentación sobre o crecemento e os seus límites ecolóxicos e sociais, coñecimos os postulados do postcrecemento para finalmente poñelo en práctica en grupos de traballo. O alumnado chegou a interesantes propostas colaborativas de solucións a problemas actuais e futuros como o da vivenda, transporte, enerxía e alimentación.

Esta é unha primeira aproximación ao proxecto de ciencia ciudadana que ao longo do curso levaremos a cabo en colaboración coa Universidade de Vigo, co obxectivo de abordar retos ecolóxicos e sociais aos que se enfrontan as cidades nos próximos 10 anos e, en particular, da cidade de Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email