O alumnado de economía de 1º de bacharelato tivo a oportunidade de participar nun obradoiro dinámico e participativo que tivo como finalidade mellorar a súa comunicación persoal. Dentro do programa EduEmprende Actúa, Vero (de Promove), deu ao alumnado as claves para falar en público favorecendo unha comunicación efectiva, de cara a unha presentación persoal nunha oferta de traballo, na presentación dun proxecto empresarial ou á hora de presentar un traballo en clase. Un obradoiro moi práctico no que participou activamente todo o alumnado, o que seguro axudou a mellorar as súas habilidades comunicativas, competencia tan importante hoxe en día.
#EconomíaFMS
#EduEmpredeActúa


