Velaquí a nosa colaboración co Salón do libro de Pontevedra, que unha vez máis, convidou ao alumnado do Bacharelato de Artes a facer unha intervención artística da súa mascota.
Este ano, a temática era a Maxia, e os nosos artistas converteron ao Orbil nunha escultura antiga, chea de musgo e lique, cuberto polas páxinas dun libro antigo cheo de todo tipo de criaturas fantásticas e fotografías que demostran a súa existencia…
Extraordinario… non?
Queremos agradecer ao Salón que volverá contar con nós e tamén a implicación do alumnado de Bacharelato de Artes, que presentou numerosos proxectos e desempeñou tan bo labor no pintado do Orbil…
Cal será o tema do próximo ano???




