IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Novo Curso AFD “Operacións auxiliares de Fabricación Mecánica”

O IES Frei Martín Sarmiento vai desenvolver  entre o 27 de Maio e o 23 de Outubro (vacacións en agosto) unha Acción Formativa (AFD) gratuíta enfocada principalmente a desempregados inscritos na oficina de emprego. Nesta ocasión non fai falta ningunha titulación previa. O finalizar a formación obterase un certificado de profesionalidade de nivel I, con formación teórico-práctica nas aulas e talleres do centro e prácticas en empresas do sector de mecanizado. 

Dita actividade pertencente á área profesional de Fabricación Mecánica, denominada Operacións auxiliares de Fabricación Mecánica (FMEE0108), permite adquirir como competencia xeral a realizar os procesos de mecanizado por arranque de labra, controlando os produtos obtidos e responsabilizándose do mantemento de primeiro nivel das máquinas e equipos, con criterios de calidade, seguridade y respecto ao medio ambiente.

A inscrición realizarase na Oficina de emprego de Pontevedra ou ben no propio centro, dende o xoves 21 de marzo.

Realizarase unha proba de nivel que terá lugar o día xoves, 23 de Maio ás 16:30h, tendo que presentar unicamente o DNI e a tarxeta de demandante de emprego no caso de que sexan desempregados. O horario no que se desenvolverá a docencia será de 16:00 a 22:00h de luns a venres nos meses de marzo a xuño (sen incluír festivos), e de 08:00 a 14:00h no mes de xullo, para rematar de 16:00 a 22:00h de luns a venres nos meses de setembro a outubro.  A última semana do curso cun horario establecido pola empresa asignada a cada alumno/a, onde realizarán  prácticas relacionadas coa actividade formativa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email