IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Natureza en azul

cianotipia é un proceso fotográfico que crea imaxes de color azul prusia, mediante a exposición dun obxecto ou negativo á luz solar e sobre un papel previamente tratado cunha mestura química fotosensible.

Os alumnos e alumnas de Cultura Audiovisual de 1º de Bacharelato de Artes empregamos esta técnica para traballar o tema da natureza, guiados por Andrea Domínguez, profesora en prácticas no instituto.

Nesta mostra amosamos imaxes feitas a partir de negativos fotográficos e outras conseguidas empregando directamente elementos naturais sobre o papel tratado coa solución fotosensible.

O alumnado de Proxectos Artísticos foi o encargado de montar a exposición.

Agardamos que vos guste!

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email