O alumnado de primeiro e segundo do bacharelato de Artes participaron no teatro Principal nunha interesante e didáctica actividade sobre o cineasta galego José Gil (1870-1937).
Conducidos polo director de cinema Ignacio Vilar (A Esmorga) aprenderon non so sobre este pioneiro do cinema, senon tamén sobre a historia desta arte tanto en Galiza como a nivel universal.
Disfrutamos dunha montaxe con varios fragmentos das filmacións documentais feitas en Galiza por José Gil e de dúas curtas cómicas de Harold Lloyd e de Charles Chaplin que este pioneiro das artes cinematográficas proxectou no teatro Principal de Pontevedra. Durante as proxeccións as alumnas Irene Rodríguez Vence e Cora Fernández Sánchez fixeron de narradoras dos films xunto a Ignacio Vilar tal e como se facía fai un século.
No exterior do teatro visitamos un cinemóbil con paneis explicativos e a proxección do filme de ficción “Miss Ledya” rodado na Toxa e no que sae o mesmo Castelao.