IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Intercambio co Lycée Saint Joseph de Bossue de Lannion

Dende o xoves 4 de abril o alumnado de francés do Frei está disfrutando da súa estancia na Bretaña francesa. Voltarán de alí o xoves 11 de abril cos alumnos e alumnas franceses que os acolleron nas súas casas.
Nesta semana asistiron a clases e disfrutaron das visitas, da gastronomía, da maravillosa paisaxe de granito rosa, dos xogos e da estancia cas familias.

Antes do seu regreso a Pontevedra, os alumnos e alumnas que participan no intercambio co instituto francés, visitaron le Mont Saint Michel, fixeron un percorrido en barco polas illas e practicaron tanto a loita como a danza bretona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email