Xa estamos de volta!
O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato estamos de novo na casa, despois de pasar quince días marabillosos en Filadelfia e Nova York.
En Filadelfia estivemos de intercambio con rapaces e rapazas da nosa idade, e fixemos boas amizades!
Asistimos a clase no Upper Dublin High School, a un partido de fútbol americano, a un baile no instituto e moitas cousas máis.
Os tres últimos días os pasamos en Nova York, onde non deixamos de ver ningún dos lugares máis interesantes…
Grazas aos nosos amigos e amigas americanos! Agardámosvos no mes de febreiro e con moitas ganas de seguir gozando!








