IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Finanzas para mortais

Gracias ao programa “Finanzas para mortais” de EduEmprende, o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os diferentes produtos que ofrecen as entidades financeiras. Este tipo de coñecementos é imprescindible para poder desenvolverse hoxe en día xa que toda a poboación precisa ter unha conta corrente e seguro que realizará moitas das outras operación das que nos falou Raquel, directora de oficina no Banco Santader.

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer as diferentes características das contas correntes e de aforro, os diferentes tipos de tarxeta e moitos consellos de cara a manexar todos estes produtos con seguridade, e sempre coñecendo as súas características e valorando diferentes opcións de diferentes entidades financeiras.

Asi mesmo, estivemos vendo tanto os produtos de aforro como de inversión.

Agradecer especialmente a Raquel Costal Otero pola súa disposición e interese por chegar ao alumnado para aproveitar o máximo posible estas sesións.

#EconomíaFMS

#FOPPFMS

#EduEmprende

#FinanzasParaMortais

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email