IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Curso Primeiros Auxilios

O pasado venres a Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias Sanitarias impartiu, un curso máis, a súa charla teórico-práctica sobre técnicas básicas de primeiros auxilios.

Todo o alumnado dos primeiros cursos dos ciclos de FP tivo a oportunidade de coñecer e practicar, da man destes grandes profesionais, actuacións que salvan vidas.

Moitas grazas ASGATE pola vosa xenerosidade e por vir compartir con nós o voso saber facer e experiencia!

#astuasmanssalvanvidas
#RCPSalvavidas
#primeirosauxilios

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email