IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Curso AFD “Mecanizado por arranque de labra”

O IES Frei Martín Sarmiento vai desenvolver  entre o 11 de marzo e o 13 de Setembro (vacacións en agosto) unha Acción Formativa (AFD) gratuíta enfocada principalmente a desempregados inscritos na oficina de emprego cun nivel mínimo da ESO ou EXB, e que dará acceso a obtención dun certificado de profesionalidade de nivel 2, con formación teórico-práctica nas aulas e talleres do centro e prácticas en empresas do sector de mecanizado. 

Dita actividade pertencente á área profesional de Fabricación Mecánica, denominada Mecanizado por arranque de labra (FMEE0109), permite adquirir como competencia xeral a realizar os procesos de mecanizado por arranque de labra, controlando os produtos obtidos e responsabilizándose do mantemento de primeiro nivel das máquinas e equipos, con criterios de calidade, seguridade y respecto ao medio ambiente.

A inscrición realizarase na Oficina de emprego de Pontevedra https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2022/004890-01 ou ben no propio centro, dende o xoves 15 de febreiro.

Realizarase unha proba de selección que terá lugar o día xoves, 7 de marzo ás 18:30h, tendo que presentar unicamente o DNI, o título da ESO ou EXB e a tarxeta de demandante de emprego no caso de que sexan desempregados. O horario no que se desenvolverá a docencia será de 16:00 a 22:00h de luns a venres nos meses de marzo a xuño (sen incluír festivos), e de 08:00 a 14:00h no mes de xullo, para rematar na segunda semana de setembro cun horario establecido pola empresa asignada a cada alumno/a, onde realizarán  prácticas relacionadas coa actividade formativa.

Curso ADF Mecanizado por arranque de labra

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email