PARABÉNS LARA

Sentímonos moi orgullosos da nosa ex-alumna Lara Portela Crespo, actualmente alumna de grao da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. O pasado mes de decembro foille concedido o “Premio da Fundación da Enxeñería Civil de Galicia ao Mellor Expediente de Bacharelato de 2022”
Concurso disfraces

Anotádevos ao “Concurso de disfraces do IES Frei Martín Sarmiento” durante esta semana, antes do recreo do próximo venres!
Parabéns Lara!

Sentímonos moi orgullosos da nosa ex-alumna Lara Portela Crespo, actualmente alumna de grao da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. O pasado mes de decembro foille concedido o “Premio da Fundación da Enxeñería Civil de Galicia ao Mellor Expediente de Bacharelato de 2022” Parabéns Lara! Estamos seguros […]
Un Nadal con moita arte!

Un Nadal con moita arte! A través da seguinte videomontaxe realizada por alumnas de Cultura Audiovisual do Bacharelato de Artes, podedes ver unha escolma dalgúns fragmentos das actuacións do festival. O alumnado do noso centro, coordinado polas súas profesoras Mercedes Moreno e Santa Cameselle, mergullounos na beleza e maxia do Nadal a través da música, […]
Moi Felices Festas e Feliz 2023
O IES Frei Martín Sarmiento deséxavos a todos e todas MOI FELICES FESTAS e FELIZ 2023! ??????✨? Video realizado por Ana Coego e Lucía Leiro, do Bacharelato de Artes, co Departamento de Música… Moitas grazas!
Festival Novos Cinemas
Desde o IES Frei Martín Sarmiento queremos agradecer ao Festival de NOVOS CINEMAS de Pontevedra, e en particular a Suso Novás, o seu Director Artístico, que nos convidaran a gozar de diversas actividades deseñadas para o noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. A pasada semana tivemos a sorte de acudir ao Teatro Principal […]
Visita Expo “This is pop”
Desta vez, foi o alumnado de 1º de Bacharelato de Artes que visitou a exposición “This is Pop. Das latas de Andy Wharhol ás túas”, na que puideron gozar das fantásticas obras expostas, así como dun taller de iniciación á robótica para proxectos artísticos… Que ben o pasamos no Café Moderno Afundación de Pontevedra! ???
Marketing Dixital
O equipo de 2º curso de Peiteado e cosmética capilar participou nun taller de Marketing Dixital e Redes Sociais impartido por Javier Varela, consultor de marketing, estratexia e comunicación. Aprenderon técnicas e deseñaron o seu plan de marketing dixital que agora deben implantar nos seus proxectos de empresa. Grazas @javiervarelagonzalez, o noso alumnado xa está cerca […]
Recomendacións de lectura
Velaquí un pequeno vídeo elaborado polo profesorado da nosa biblioteca, coas recomendacións literarias para o tempo de lecer do Nadal… Agardamos que o gocedes moito!
Visita Exposición
O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes visitou a exposición “This is Pop. Das latas de Andy Wharhol ás túas”, na que puideron gozar de interesantísimas obras dos artistas máis representativos deste movemento artístico do século XX. Todo un luxo en Café Moderno Afundación de Pontevedra! ???