Dende o 19 de Marzo e ata o 10 de Maio ás 15:00, está aberto o prazo de solicitude de Axudas ao alumnado de Niveis Postobligatorios. Para acceder a ditas axudas é obrigatorio presentar a solicitude neste primeiro plazo, aínda que non teñades claro os estudos a realizar o curso 24/25. Teredes que entrar no enlace abaixo indicado e aportar os datos requeridos.
Alumnado que debe solicitar dita axuda:
– Alumnado de 4º da ESO que vaia cursar Bacharelato ou Ciclos Medios
– Alumnado de 2º de Bacharelato que vaia cursar estudos universitarios ou Ciclos Superiores
– Alumnado de Ciclos Formativos Medios e Superiores
– Alumnado que vaia cursar FP Básica
Para calquera consulta podedes dirixirvos ao Departamento de orientación.
Enlace á páxina do Ministerio de Educación
