Marketing Dixital
O equipo de 2º curso de Peiteado e cosmética capilar participou nun taller de Marketing Dixital e Redes Sociais impartido por Javier Varela, consultor de marketing, estratexia e comunicación. Aprenderon técnicas e deseñaron o seu plan de marketing dixital que agora deben implantar nos seus proxectos de empresa. Grazas @javiervarelagonzalez, o noso alumnado xa está cerca […]
Recomendacións de lectura
Velaquí un pequeno vídeo elaborado polo profesorado da nosa biblioteca, coas recomendacións literarias para o tempo de lecer do Nadal… Agardamos que o gocedes moito!
Visita Exposición
O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes visitou a exposición “This is Pop. Das latas de Andy Wharhol ás túas”, na que puideron gozar de interesantísimas obras dos artistas máis representativos deste movemento artístico do século XX. Todo un luxo en Café Moderno Afundación de Pontevedra! ???
Visita Adega Paco & Lola
O alumnado do ciclo superior de Dietética do noso centro, visitou a adega @paco_lola, un exemplo de emprendemento colectivo iniciativa de viticultores e productores de viño da comarca de O Salnés ? No seu percorrido coñeceron a historia do seu emprendemento, os procesos de producción, embotellado e marketing dos productos…A guinda final, unha fantástica práctica […]
Expo: Barcos de pedra, avións de madeira

[:gl] Esta semana, o noso alumnado de Bacharelato visitou a exposición “Barcos de pedra, avións de madeira” da súa profesora Carmen Hermo, no espazo Nemonón de Pontevedra. Gozaron dun espazo rehabilitado con gusto e respecto dunha vila do ano 1905, e tamén aproveitaron para dialogar sobre o proceso creativo dos artistas plásticos… Que fermosura! […]
Charla Erasmus +
O pasado luns celebrouse unha charla informativa sobre as mobilidades do programa Erasmus +, correspondentes ao proxecto 2022-ES01-KA121-VET-56534, para o alumnado de segundo curso dos ciclos medios. Queremos agradecer á ex-alumna de Estética, Andrea Expósito Estévez, que realizou unha mobilidade Erasmus + o ano pasado, que compartira tanto a experiencia vivida como os seus consellos […]
Entrega Premios Samaín 2022
Esta semana repartimos os premios do concurso de disfraces do Samaín 2022… ??? Parabéns a todos/as os/as premiados/as! … e por suposto… grazas a todos/as os/as participantes! ??
Aula Emprendemento
A nosa Aula de la Emprendemento levounos onte ata Viascón para coñecer o traballo “dun día calquera” nunha empresa líder no sector de fabricación, montaxe e mantemento de instalacións industriais, a empresa *Ingeniería y Montajes Rías Bajas S.A.* O alumnado de 2º curso de Mecanizado, provisto dos oportunos EPIs da empresa, realizou unha visita guiada […]
Habelas Hailas
[:gl]Presentámosvos a curtametraxe titulada”Habelas Hailas”, realizada polo alumnado de Imaxe e Son do Bacharelato de Artes. A partir dunha idea de Gadea Bravo, con música orixinal de Lucía Costas, interpretado por Jorge Dafonte e María Blanco, detrás da cámara, Gadea Bravo e Lucía Leiro, gravación e posprodución sonora por César Outón, coa axudante de son, […]
Edugal
[:gl]Velaquí o recordo do paso do IES Frei Martín Sarmiento polo EDUGAL 2022 en Pontevedra. Queremos agradecer a todos os colaboradores/as que en tan pouco tempo axudaron a montar a nosa caseta, chea de información dos nosos ciclos de formación profesional… #imaxepersoal #sanitaria #electricidade #mecanizado #fol e de moitas ilusións tamén. Agardamos que vos gustara […]